|
Evanxeo do domingo (9-8-2009) |
|
|
|
Escrito por Anxo
|
|
Sábado, 08 de Agosto de 2009 13:23 |
|
Do evanxeo de Xoán 6, 41-51  Naquel tempo, os xudeus comezaron a murmurar de Xesús, porque dixera "Eu son o pan que baixou do ceo", e dicían: - ¿Non é este Xesús, o fillo de Xosé? ¿Non lle coñecémo-lo pai e maila nai? ¿Como di, logo "Eu baixei do ceo"? |
|
Ler máis...
|
|
|
Evanxeo do domingo (26-7-2009) |
|
|
|
Escrito por Anxo
|
|
Sábado, 25 de Xullo de 2009 17:13 |
|
Do evanxeo de Xoán 6, 1-15 Comentario visual  Naquel tempo, foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). Seguíao unha chea de xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos. Subiu Xesús ó monte e sentou alí cos seus discípulos. Estaba a chega-la Pascua, a festa dos xudeus. Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Filipe: - ¿Onde imos mercar pan, para que coma esta xente? (isto dicíao para tantealo, que el ben sabía xa o que ía facer). |
|
Ler máis...
|
|
Evanxeo do domingo (19-7-2009) |
|
|
|
Escrito por Anxo
|
|
Sábado, 18 de Xullo de 2009 14:46 |
|
Do evanxeo de Marcos 6, 30-34 Comentario visual  Naquel tempo, os apóstolos volveron reunirse con Xesús e contáronlle canto fixeran e ensinaran. El díxolles: - "Vinde, vós sós, á parte, a un lugar arredado, e descansade un pouco"; porque eran moitos os que ían e viñan, e nin para comer atopaban tempo. |
|
Ler máis...
|
|
Evanxeo do domingo (12-7-2009) |
|
|
|
Escrito por Anxo
|
|
Sábado, 11 de Xullo de 2009 10:42 |
|
Do evanxeo de Marcos 6, 7-13 Comentario visual  Naquel tempo, chamou Xesús os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles poder sobre os espíritos malos. Recomendoulles que non levasen nada para o camiño, fóra dun caxato: nin pan, nin alforxas, nin cartos na faixa. Que calzasen sandalias, pero que non levasen máis ca unha túnica. |
|
Ler máis...
|
|
Evanxeo do domingo (5-7-2009) |
|
|
|
Escrito por Anxo
|
|
Sábado, 04 de Xullo de 2009 18:32 |
|
Do evanxeo de Marcos 6, 1-6  Naquel tempo, saíndo Xesús de alí, foise para a súa vila acompañado polos seus discípulos. Cando chegou o sábado, empezou a ensinalos na sinagoga. E moita da xente que o escoitaba dicía abraiada: - ¿De onde lle veñen a este todas esas cousas? ¿Que sabedoría é esa que lle ensinaron, e como pode facer tantos milagres pola súa man? ¿Non é este o carpinteiro, fillo de María e irmán de Santiago, Xosé, Xudas e mais Simón, e as suas irmás non viven aquí connosco? |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 11 |