top
logo

Menú principal

Comezo
Quen somos
Arquivo de Historia
A Confraría
Material gráfico
Carta do párroco
Actividades pastorais
Evanxeo do domingo
O noso blog
Ligazóns

Área privada

Recursos
Foros
Administración

Evanxeo do domingo (12-10-2008) Imprimir E-mail
Escrito por Anxo   
Domingo, 05 de Outubro de 2008 09:10
Do Evanxeo de Mateo 22, 1-14

VodaNaquel tempo, Xesús púxose de novo a falarlles en parábolas ós sumos sacerdotes e ós anciáns do pobo:

- Parécese o Reino dos Ceos a un rei que celebrou o casamento de seu fillo. Mandou os seus criados ir chamar polos convidados á voda, pero estes non querían ir. Volveu mandar outros criados, encargándolles: "Dicídelles ós convidados: Mirade que teño preparado o banquete, xa están mortos os becerros e mailos demais animais cebados; todo está disposto: ¡vide á voda!" Pero eles, sen lles faceren caso, fóronse: un ás súas leiras, outro ós seus negocios. Os demais botáronse ós criados, maltratáronos e matáronos.

Entón o rei, todo indignado, mandou os seus exércitos, que acabaron cos asasinos aqueles e prendéronlle lume á cidade. E díxolles ós criados: "A voda está preparada, pero os convidados non a merecían. Así que ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes, convidádeos á voda". Saíron ós camiños os criados e xuntaron a tódolos que atoparon, bos e malos, enchéndose de convidados a sala da voda.

Cando entrou o rei para olla-los convidados, viu un home que non vestía traxe de voda e díxolle: "Amigo, ¿como entraches aquí sen traxe de voda?" El ficou caladiño: Entón o rei díxolles ós camareiros: "Atádeo de pés e mans, e botádeo fóra, ás tebras, onde será o pranto e mailo renxer dos dentes".

Porque os chamados son moitos, pero poucos os escollidos.
Actualizado ( Domingo, 05 de Outubro de 2008 09:18 )
 

Enquisa

¿Que cor ten a casula do sacerdote no tempo ordinario?
 

¿Quen está en liña?

Temos 1 convidado conectado

Colabora:


bottom

Potenciado por Joomla!. Designed by: Free Joomla Themes, hosting. Valid XHTML and CSS.